Home

Screenshot_2014-04-08-17-32-22

Queres que lean por ti? Vas permitilo? Gustaríache? Ben, dito así soa raro e cómpre unha explicación: despois dos lectores nos nosos dispositivos chegan os sistemas de lectura rápida. En que consisten? Pois en que as palabras se van sucedendo no medio da pantalla convertendo a lectura nunha especie de visual das letras. Abonda con fixar a ollada nun punto concreto da pantalla, ter aguante visual, pestanexar pouco e ir levando conta das palabras que se enfían unha tras outra para saber de que vai o que se está a ler (ou quizais habería que dicir o que se está a presenciar).

Serve para todas as persoas? Seguramente non. Serve para todas as lecturas e textos? Seguramente tampouco. Serve para tirar ideas xerais de fragmentos breves? Seguramente si. Serve para substituír as lecturas en diagonal que tanto adoitamos para igualmente gañar  tempo? Seguramente tamén. Esta é a filosofía de A Faster Reader dispoñible para Android; instálase o aplicativo e cando esteamos no texto que desexamos ler abonda con darlle a Compartir para que apareza entre as opcións dispoñibles a súa execución. Admite variar a velocidade (a proba de velocidade vén cargada coas primeiras liñas de Memorias dun neno labrego) e permite a integración cos lectores e navegadores máis habituais entre outras funcionalidades da súa versión Premium.

Parece claro que a tecnoloxía non é só unha cuestión de formatos ou soportes, senón algo máis que acabará por mudar (xa o está a facer) os hábitos lectores, os espazos de lectura e o xeito de se relacionaren as persoas cos textos.

Ah, e A Faster Reader está en galego para todos aqueles dispositivos Android que xa o teñan!

O pase de diapositivas require JavaScript.

google play android

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s