Home

Screenshot_2014-09-12-21-38-08

Quen non xogou algunha vez a destruír bloques ou ladrillos valéndose dunha bóla que rebotaba de arriba a abaixo, de esquerda a dereita da pantalla e que conviña non deixar caer polo fondo da pantalla, pois ter bólas supuña  ter vidas e ter, así, máis probabilidades de superar máis niveis. Seguramente todos e todas de nós xogamos, fose no salón de xogos ao pé do instituto, no Spectrum dun colega ou nas primeiras maquiniñas de músicas inconfundibles que precederon ás consolas… O que non teño tan claro é que ata agora se puidese xogar nalgunha das plataformas en lingua galega… apostaría a que non e o risco, penso, había ser ben pequeno…

Tivo que ser a súa chegada a Android cando xa iso é posible desde hai unhas semanas. Son moitas as réplicas do xogo que hai neste sistema, mais a nós hoxe interésanos falar de ArkanoidX que desde a súa versión 1.7 conta coa tradución ao galego das lendas e textos de axuda. O xogo dispón de catro modalidades que se distribúen polos 190 niveis de que consta. Hai ata 21 poderes dos que botar man, as velocidades da bóla son tres e as posibilidades de manexar o xogo dúas: táctil ou por inclinación do dispositivo (as dúas, especialmente a segunda, ben interesantes). Algunhas destas cifras aínda aumentan lixeiramente na versión de pagamento que, ademais, inclúe a opción de se conectar a Google Play Game Services.

Se o xogo non se descarga na lingua que teña o dispositivo como predefinida, hai opción de cambiala en Opcións–>Idioma.

Así pois todo un clásico dos xogos de arcade xa dispoñible en lingua galega!

google play android

 

 

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s