Home

Despois dunha longa, looooonga ausencia, volvemos!! E facémolo coa tradución realizada da páxina dunha iniciativa cidadá europea que ten por obxectivo recadar un millón de sinaturas, si, un millón de sinaturas, co fin de que a Comisión Europea a tome en consideración. Trátase da Iniciativa Minority Safepack.

Cal é a súa finalidade? Pois pretende que se adopte un conxunto de proposicións lexislativas cuxa finalidade sexa a de protexer as minorías nacionais. Todo, acompañado dunha serie de actos regulamentarios para a promoción dos dereitos das minorías, os dereitos lingüísticos e a protección das súas culturas. En poucas palabras: a defensa das minorías e un corpus lexislativo que as protexa (na sección “Preguntas frecuentes” hai abundante información ao respecto).

Desde hai unha semana a páxina explicativa da campaña xa está dispoñible en lingua galega (xa o estaba, entre outras, en catalán, castelán ou éuscaro) e desde ela accédese ao formulario da páxina oficial da Comisión Europea onde poder asinar (aquí xa rexe a oficialidade lingüística europea e son 24 as linguas en que está dispoñible). Para que chegue a bo termo a iniciativa debe alcanzar, como dixemos, un millón de sinaturas procedentes de sete estados diferentes sobre os que se aplica un limiar mínimo. Neste momento, por exemplo, desde o Estado español remitíronse 26134 sinaturas que supoñen o 64,53% do que resulta necesario. Ata o 3 de abril hai tempo!!

Detrás desta iniciativa está a Federal Union of European Nationalities (coñecida pola sigla FUEN).

Por tanto, agora que está en galego xa non hai escusa para asinar, difundir esta iniciativa e contribuír ao seu éxito!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s