Home

Screenshot_2014-10-14-21-41-03

Xogos clásicos que deixan o plástico e a madeira para encheren a pantalla dos dispositivos… Acabouse o de perder as fichas ou andar detrás das crianzas para que as recollan. Cos seus fans e os seus detractores, ese, en todo caso, semella ser o sino dos tempos. É a vez de Catro en liña, Conecta 4… pois as denominacións son case tantas coma versións hai na Google Play.

FourInARow (4 en liña) é unha desas versións: 5 niveis de dificultade (Principiante, Normal, Avanzado, Experto e Gran mestre), posibilidade de desfacer o último movemento, xogador contra xogador ou contra a máquina (aquí denominada IA)… e todo cunha música marchosa e pegañenta (con opción de silenciala no caso de que nos bouree moito a cabeza). Ollo cos niveis e con quen inicia cada partida, no nivel superior a dificultade cualíficase como “extrema” no caso de comezar segundo.

O xogo descargarase en lingua galega para aqueles dispositivos Android que a teñan como lingua de interface.

google play android

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s