Home

Screenshot_2015-04-29-16-16-20

Chegaron para quedar e xa son todo un fenómeno de masas nas tendas de aplicacións!! E non será pola complicación que teñen!! Respondendo á lóxica dos crebacabezas, do que se trata é de xuntar pequenos obxectos (cariñas, pedras preciosas, botóns, lambetadas…) da mesma cor e en grupos de tres en tres (cando menos). Todo tan simple como adictivo o que fai que os usuarios nas distintas plataformas se conten por millóns, os niveis por centos e a mesma modalidade do xogo por ducias.

Tal é o fenómeno que mesmo comeza a ser obxecto de estudo e non falta quen vexa neles certas semellanzas cos mecanismos que operan detrás das máquinas comecartos ou quen o relacione co “efecto Zeigarnik” (busca, busca no Google, para saber de que vai a cousa…). Superar niveis, competir coas amizades, insistir e insistir nun nivel en que quedamos atascados, sumar e acumular recompensas, ligalo coa túa conta do Facebook… Un vicio vaia!

O que presentamos é Jelly Blast: ambientado no país da xelatina a historia de fondo vén sendo axudar á pequena Alicia a superar os distintos niveis (agora mesmo son 300 e subindo!), recollendo gominolas de cores, ante un inimigo exterior que ben podería ser unha malvada bruxa coa que de cando en cando se hai que bater en duelo. Polo medio un mapache, de nome Gray, que nos inicios nos porá unha misión diaria, o señor Hare que nos dará sabios consellos e axudará a ir coñecendo os distintos movementos, estratexias e elementos do xogo, unha tenda de larpeiradas onde mercar bonos, a posibilidade de convidar amizades, compartir enerxía con elas, solicitárllela, sumar lingotes, estrelas e, sobre todo, moitas, moitas, moitas gominolas de cores para combinar e recoller!!!

Desexando xa xogar? Pois veña, non digo máis. No Facebook e Twitter (@estaengalego)  iremos presentando os distintos niveis, bloqueadores,  tipos de gominolas, bonos que nos dan enerxía extra etc. etc. que compoñen o xogo.

Ah, que non o dixen aínda? Está en galego! Descargas o xogo, vas a Axustes>Idiomas e alí podes establecelo. Gózao e difúndeo!!


 

Actualización: lamentablemente desde a versión 2.0 do xogo (mes de agosto) a localización ao galego xa non está dispoñible, a pesar de estaren traducidas todas as cadeas das actualizacións sucesivas. Estamos a falar cos desenvolvedores para ver de que a repoñan. Únete ao grupo de fans do xogo no Facebook, pode ser un bo sitio para reclamala e facer forza!!

google play android

 

 

 

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s