Tempo de invernía e tempo de controlar o consumo enerxético. Son varios os aplicativos existentes ao respecto, mais un deles, ben interesante e completo, é Luz+Prezo. O seu cometido principal é informar en tempo real sobre cando é o mellor momento para consumir maior cantidade de electricidade e cando non. Vaia que ao consultarmos poderemos saber, en función da cor predominante na pantalla (verde´, laranxa ou vermello) se é á hora de pór a lavadora, o lavalouzas, o forno e a secadora da coada dunha lavadora que xa puxeramos antes a un tempo…
Dispón de información sobre tres tarifas: Xeral, Nocturna e Coche eléctrico; informa do prezo do momento e mais achega unha predición para dous días e coa opción da calculadora e a listaxe de prezos mesmo se atreve a ofrecer unha estimación da vindeira factura que soportaremos.
O aplicativo está dispoñible en galego, catalán e castelán.