Home

Screenshot_2014-11-24-23-17-28

Os editores de notas que veñen xa instalados nos dispositivos adoitan ser bastante parcos en deseño e funcionalidades, polo que sempre é de agradecer un aplicativo como Omni Notes cun agradable deseño e cun funcionamento moi sinxelo. Consta dun menú lateral desde onde xestionar as notas, as etiquetas e os recordatorios, e entre as opcións dispoñbles cabe resaltar a posibilidade de anexar todo tipo de ficheiros.

Tan sinxelo é de usar que nin solicita a creación dunha conta nin inclúe  (de momento) a opción de acceder co nome de usuario de terceiros. Un aplicativo, en definitiva, que é para o que é: tomar notas, telas a man no momento necesario.

Resulta tamén de obrigada mención o completo titorial, a modo de introdución de benvida, de que dispón e que se pode consultar tantas veces como se desexe.

De non se instalar en lingua galega, o idioma múdase en Axustes –> Preferencias –> Interface –> Idioma.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

google play android

 

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s