Home

gant4

GanttProject consiste nun programa de libre distribución, baixo soporte Java, de utilidade para a xestión e organización de proxectos nun equipo de traballo dado. Concretamente permite segmentar o proxecto en tarefas e subtarefas, definir as dependencias entre elas, asignar responsables, marcar os prazos e días de execución etc. etc. e todo iso plasmalo graficamente nos denominados diagramas de Grantt que, dito rapidamente, no eixe vertical sinalan as tarefas e no horizontal a súa temporización. Aínda máis, feita a planificación tamén pode mostrar os denominados diagramas de Pertt con que representar as relacións ou dependencias entre tarefas.

Cónstame que é utilizado moito por profesionais da informática para verter nel todos os traballos, procesos e fases polas que pasa unha idea ata cristalizar, por exemplo, nunha páxina web ou nun programiña informático (análise, definición, deseño, programación, proba… ou, dito tecnicamente, algo semellante ao que dan en chamar “proceso unificado de desenvolvemento de sóftware”), mais por que non ha valer tamén para a planificación deportiva dun cadro de xogadores, ou para o proxecto de edición do número dunha publicación periódica desde a primeira reunión de redacción ata o ensobrado e envío dos exemplares, ou cousas máis mundanas como definir os días de limpeza dun piso de estudantes. Ben, isto último, se cadra xa é moito pedir…

O caso é que desde a súa versión 2.6.4 xa se pode traballar con el en galego. Abonda con ir a Editar>Configuración>Xeral e escollelo como lingua de interface. Ora ben, hai unha pequeniña cuestión que haberá que amañar antes. Ocorre que Java non inclúe soporte para as localizacións galegas de modo que quen programa baixo o seu contorno ten que procurar as súas propias solucións ou directamente pasar do asunto e renunciar a sóftware en galego. Menos mal que a modo de truco, hai a opción de evitar que isto ocorra instalando dous ficheiros no directorio local de Java. Toda a información en Javagalician.

Descargar GanttProject

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s