Home

Screenshot_2014-12-29-16-25-55

Temporada de gastos sen dúbida. Cadaquén desde as súas posibilidades e desde os seus gustos, é o momento das ceas, agasallos e excesos varios…  Son moitos os aplicativos que permiten levar conta da economía persoal dun xeito sinxelo e actualizado. É o caso de Monas-Expense Manager con que poderás ir rexistrando non só aquilo que saia da túa carteira, senón tamén o que vaia chegando. É dicir, ingresos e gastos.

Cun atractivo deseño e en constante evolución (camiña cara ao famoso Material design), Monas non conta con publicidade, ofrece a posibilidade de mellorar algunha funcionalidade cun pequeno pagamento e permite a categorización dos ingresos e gastos. Outra característica de interese é a posibilidade de establecer ingresos ou gastos periódicos (pensando en domiciliacións, nóminas etc.). Alén diso, permite a sincronización entre varios dispositivos e o tratamento dos datos en formato CSV.

Así pois, cómodo e fermoso aplicativo para manter as túas finanzas persoais, sexan cativas ou grandeiras, ao día e na palma da man. Monas descargarase no idioma do dispositivo e pódese mudar en Axustes>Idioma.

Páxina web

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

google play android

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s