Navegamos, vemos cousas xeitosas e como somos así de caprichosos dános por fedellar, traducir e ver de que tamén estean dispoñibles en lingua galega. Que lle imos facer? Hai quen colecciona selos ou etiquetas de denominacións de orixe queixeiras e hai quen lle aprende a falar ao seu periquito. Dos selos aburrinme hai tempo, o queixo canto máis lonxe mellor e xa non teño periquitos; pórlle nome a un blogue xa ves que tampouco é o meu… aínda que, as cousas como son, tod@s exclamamos o mesmo nalgunha que outra ocasión.
Se ves algo por aquí que che pareza de interese gózao e divúlgao 😉