Home

Screenshot_2014-06-18-12-02-41

Imos xogar un pouco!! Levar unha bóla a un destino dado nun taboleiro pode parecer sinxelo. Se sabemos que esa bóla non se detén ao chou, senón que sempre chega ata o obstáculo máis próximo e se, ademais, ese obstáculo poderemos definilo nós segundo as cores que nos vaian aparecendo e vaiamos activando… pois pouco truco parece ter este xogo. Porén, estou certo que logo de veres os primeiros e máis sinxelos niveis a cousa non che ha parecer tan doada. O taboleiro en si non é un taboleiro ao uso, senón un perfecto labirinto. Chegar en máis ou menos movementos ata o destino final vai depender de como xestionares as distintas cores, de onde situares os obstáculos e de como imaxinares o aparente camiño máis próximo. Velaí radica a dificultade!!

Nisto consiste BallMaze Lite-Holo Puzzle; 300 niveis ao teu dispor repartidos en sete categorías: Para comezares, Cavila!, Cores4x4, Cores 10×10, Cadrados 8×8 e Liñas 9×9. A máis celas e máis cores en lide, maior dificultade!

O xogo dispón da opción de te conectares coa túa conta de Google para acceder a Play Games e poder xogar en liña ben contra outra persoa (1v1 Desafío), ben xogar contra tres persoas distintas a ver quen consegue antes 5 vitorias. E se os 300 niveis che parecen pouco sempre podes mercar a versión de pagamento e multiplicalos por tres (ata 1100 niveis), ao que hai que engadir a opción Contrarreloxo. Vaia, que por niveis e modalidades de xogo non ha quedar!

Para que ninguén se perda, o xogo conta cun completo e aclarador titorial, xunto cun curioso axuste especial: opción para persoas que padezan daltonismo. Por suposto, está en lingua galega para aqueles dispositivos Android que xa conten con ela.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

google play android

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s