Home

Screenshot_2014-06-10-16-45-47

Será querenza persoal mais sigo sendo fan dos fluxos RSS; foron no seu día unha revolución na difusión de contidos por supor que estes ían ao encontro do navegante, no canto de ir este a por eles. Pasou o tempo, chegou a rede 2.0, a 3.0 , os portátiles empequeneceron, os teléfonos medraron e volvéronse intelixentes… Moitas cousas aconteceron, as portas da información diversificáronse, mais o RSS velaí segue. Se cadra, minguaron o seu uso, si, mais nin moito menos houbo un abandono nin unha deserción. Seguen a ser o mellor xeito para estar ao tanto daquela páxina ou blog que coñeciches un día e que decidiches non perder de vista máis. Proba disto é que son moitos os lectores existentes e a decisión de Google hai un ano de pechar Google Reader non fixo máis que estimular o seu desenvolvemento e diversidade.

Un deses lectores é gReader para os nosos dispositivos Android, un moi bo lector, cun deseño sinxelo, mais atractivo que inclúe todo o que se pode pedir: etiquetas, favoritos, lectura sen conexión, varias vistas e temas para escoller, widgets… Tal é que desde hai medio ano dispón dun irmán pequeno ou variante, chamado News+, que pretende completar aínda máis o mencionado baleiro deixado por Google e ofrecer nun aplicativo un bo xeito de centralizar todas as fontes de novas (as diferenzas entre un e outro pódelas atopar aquí nesta entrada).

Ambos son multilingües e só tes que ir a Aparencia para escoller o idioma galego.

O pase de diapositivas require JavaScript.

google play androidgReader

google play androidNews+

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s