Outro típico propósito: deixar de fumar e para iso, como non, tamén hai o aplicativo correspondente. A dinámica de todos eles, moi sinxela, adoita coincidir grandemente. Comézase inserindo o número de cigarros diarios e os cartos que supoñen. Fica rexistrado o momento e a partir de aí o contador (económico e de cigarros) do abandono do tabaco comeza a botar a andar. Conforme pasan os días o usuario vai vendo os logros conseguidos coa pretensión de que o seu ánimo non decaia e non o venzan as tentacións. Este é o funcionamento de Stop Smoking, que a maiores tamén ofrece, nas versións de pagamento, a opción de incluír motivacións personalizadas.
Ah, e está en galego (para aqueles aparellos que dispoñan del).