Home

parte_cvmaker

Cos currículos persoais a quen máis quen menos lle pasou o mesmo: fas un con base nos modelos do procesador de texto, vaslle engadindo cousas segundo o cartafol dos diplomas vai engordando e con ese tiras meses e mesmo anos, mais sempre coa sensación de que os que ves por aí adiante teñen un deseño máis profesional, conteñen máis cousas en menos páxinas etc. etc. Pola rede hai unhas cantas páxinas ou plataformas que simplifican verdadeiramente o asunto: só se trata de cubrir os campos máis habituais, engadir aqueles que botas en falta e elixir entre distintos modelos ao dispor. Esquécete de sangrías, de tomar decisións do tipo de letra ou do tamaño… Xa todo aparece configurado.

Unha desas páxinas que axuda a crear, gardar, compartir e volver sobre os nosos currículos é CVMaker.

Predefinidas trae as seccións de Información básica, Experiencia laboral, Cualificacións, Intereses e Referencias, mais sempre é posible engadir aquelas que se consideren necesarias, ao mesmo tempo que no resultado final non teñen por que aparecer todas. Unha vez cuberto aquilo que se axusta ás túas necesidades podes obter o currículo en PDF, TXT ou HTML, por formatos que non sexa…

Ah, e está en galego, claro!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s