Home

SC20121028-224826

A que algún dos móbiles que tiveches na túa vida antes de pasar a mellor vida foi dar nas mans de túa nai ou teu pai? Agora con isto das pantallas táctiles dos teléfonos intelixentes hai certo temor a que se rompa a cadea (ao cal tamén axuda, todo hai que dicilo, o crecente mercado de segunda man). Se antes o problema é que os botóns eran moi pequenos, agora éo que non hai botóns… O asunto dos menús tamén ten o seu aquel… 

O caso é que para os trebellos Android hai iniciadores que reducen o teléfono ás súas funcións máis básicas: chamar, a axenda, escribir mensaxes, a cámara, a galería de fotos… e pouco máis para quen non precise moito máis.

Un deles é Big Launcher. Todo sempre visible e ao alcance directo do usuario. Se co tempo se lle vai collendo o truco e o gusto, pois tamén é posible engadir favoritos, novas pantallas para novos atallos ou mesmo ampliar e variar a súa aparencia con novos temas e paquetes de iconas.

Non me estendo máis pois na súa páxina web aparece moi ben explicado: unha pantalla de inicio para persoas maiores e xente con problemas de visión. Ahh, e está en galego!!

google play android

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s